En abril de 1962, volveu á pantalla do Colón a película Lo que el viento se llevó, dirixida por Victor Fleming, George Cukor e Sam Wood:
14/04/1962 (Las Riberas del Eo) |
14/04/1962 (Las Riberas del Eo) |
Lo que el viento se llevó (1939) Victor Fleming, Sam Wood, George Cukor
Scarlett O'Hara é unha fermosa e egoísta rapaza que vive en Tara, nunha elegante mansión sureña rodeada de luxos. Ela está namorada de Ashley, o prometido da súa curmá, a doce e bondadosa Melanie.
A Guerra de Secesión está a piques de comezar e todos os mozos están entusiasmados por entrar en combate, todos agás o atractivo e arrogante Rhett Butler, que só pensa en si mesmo.
Butler coñece a Scarlett nunha festa e trata de conquistala, pero a moza segue namorada de Ashley...
Aquí podedes ver a secuencia final de Lo que el viento se llevó, unha das máis coñecidas da película: