sábado, 21 de diciembre de 2013

1963: Directores

En 1963, polas pantallas dos cines ribadenses pasaron dúas películas do director Antonio Isasi - Isasmendi: Vamos a contar mentiras (1962) e Tierra de todos (1961).

ANTONIO ISASI - ISASMENDI (1927 -)

Antonio Isasi - Isasmendi é un director, produtor e guionista de cine español.
Comezou a súa carreira como dobrador e montador, ata que en 1950 dirixiu a curta Barcelona és bona.
Entre a súa filmografía atópanse títulos como: Relato policiaco (1954), Tierra de todos (1962), La máscara de Scaramuche (1963), Estambul 65 (1965), Las Vegas 500 millones (1968) e El perro (1976), entre outras.
Tamén escribiu o guión de Goya, unha mini serie para televisión dirixida por José Ramón Larraz.
En 1988, dirixiu a súa última película, El aire de un crimen, protagonizada por Maribel Verdú e Paco Rabal.
No ano 2000 recibiu o Goya de Honra da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas e uns anos despois, publicou un libro autobiográfico: Memorias tras la cámara. Cincuenta años de un cine español.
Como curiosidade, hai que mencionar que tivo unha filla coa actriz Marisa Paredes, a tamén actriz María Isasi.