miércoles, 25 de diciembre de 2013

A Chocolateira

O xoves 12 de decembro de 2013, como parte do ciclo Un ollo de vidro, proxectouse no Teatro o documental A Chocolateira, dirixido por Xosé Reigosa.

Axenda cultural outono 2013

A Chocolateira (2013) Xosé Reigosa

O documental fai un percorrido pola liña ferroviaria que unía as minas de Vilaodrid con Ribadeo, onde se cargaba o mineral nos barcos. Aínda que orixinariamente o tren só transportaba mineral, a partir de 1905, comezou a levar tamén pasaxeiros, ata que no ano 1964 deixou de funcionar.

Aquí podedes ver o tráiler de A Chocolateira:



Ribadeo está moi presente ao longo de todo o documental, xa que nel aparecen veciños da vila falando dos seus recordos sobre o tema, fotografías antigas do tren descargando o mineral nos barcos e tamén imaxes do estado actual dos lugares polos que pasaba o ferrocarril.



Se queredes máis información sobre este proxecto, podedes visitar o blog de Xosé Reigosa:
http://josereigosa.blogspot.com.es/p/a-chocolateira.html 


Proxección de A Chocolateira no Teatro
(Foto: Blog Xosé Reigosa)

Uns meses despois, o mércores 30 de xullo de 2014, o documental volveu proxectarse no cine Teatro, como parte da programación das XII Xornadas de Historia Local.