Mostrando entradas con la etiqueta goya. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta goya. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de febrero de 2022

As películas da 36º edición dos Goya en cines Ribadeo

Mañá, 12 de febreiro, celébrase a 36º edición dos Premios Goya, outorgados pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.


A cerimonia, que este ano si que contará coa presenza dos nominados e de público, terá lugar en Valencia e estará presentada por varias persoas do mundo do cine.

Nesta edición, as nominadas a mellor película son: Madres paralelas, Mediterráneo, MaixabelEl buen patrón e Libertad.


Maixabel, dirixida por Icíar Bollaín e protagonizada por Blanca Portillo e Luis Tosar, proxectouse en Cines Ribadeo en outubro do ano pasado:


Madres paralelas, de Pedro Almodóvar e protagonizada por Penélope Cruz e Milena Smit, tamén se puido ver nas pantallas ribadenses:


El buen patrón pasou polas salas da nosa vila a finais de outubro de 2021 e está dirixida por Fernando León de Aranoa e protagonizada por Javier Bardem:



Mediterráneo e Libertad, ao igual que todas as nominadas a mellor película de animación, non chegaron á carteleira Cines Ribadeo.

sábado, 6 de marzo de 2021

As películas da 35º edición dos Goya en cines Ribadeo

Hoxe, 6 de marzo de 2021, celébrase a 35º edición dos premios Goya, outorgados pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.


A gala, presentada por María Casado e Antonio Banderas, terá lugar no Teatro Soho de Málaga, pero a diferenza doutros anos, nesta ocasión combinará o formato presencial co telemático, debido á pandemia do COVID-19. A cerimonia, que non contará coa presenza de público nin dos nominados, poderá seguirse a partir das 22h en Televisión Española. 

Este ano, as nominadas a mellor película son: Adú, Ane, La boda de Rosa, Las niñas e Sentimental


Adú foi o único destes filmes que puido verse en Cines Ribadeo, antes do seu peche en marzo de 2020:

20.02.20 (La Voz de Galicia)

Na categoría de mellor película de animación tan só hai unha nominada: La gallina turuleca, que se proxectou no cine da nosa vila en xaneiro do ano pasado:

24.01.20 (La Voz de Galicia)

O Goya de Honra desta edición é para Ángela Molina, un dos rostros máis representativos do cine da Transición. 


A actriz, que pertence a unha coñecida saga de artistas, debutou coa película No matarás (1974, César Fernández Ardavín), proxectada no cine Teatro en 1976.

09.05.1976 (La Comarca del Eo)

Ademais de participar nun gran número de películas tanto en España como noutros países, Ángela Molina tamén continúa traballando en teatro e televisión.

Entre a súa filmografía atópanse obras dalgúns directores tan destacados como Luis Buñuel, José Luis Borau, Bigas Luna e Pedro Almodóvar, entre outros moitos.

sábado, 25 de enero de 2020

As películas de Marisol nos cines ribadenses

Pepa Flores, máis recordada como Marisol, é unha actriz e cantante nacida en Málaga en 1948. 
Na década dos 60 acadou un gran éxito debido ás películas musicais que protagonizou sendo unha nena.



Durante a súa carreira como actriz traballou con importantes directores de cine como Juan Antonio Bardem, Carlos Saura e Mario Camus, entre outros. Tamén participou como invitada en shows da televisión estadounidense, traballou con directores internacionais como Mel Ferrer e foi premiada como mellor actriz infantil na Mostra de Venecia en 1960 polo seu papel en Un rayo de luz.


Ademais, Marisol representou a España na 1º edición do Festival da OTI, celebrado en Madrid en 1972, e no que quedou en 3º posto pola súa interpretación do tema Niña.



A partir dos anos 80 retirouse da vida pública e desde entón mantense totalmente afastada dela.
Esta noite, Pepa Flores recibirá o Goya de Honra pola súa traxectoria, nunha gala que se celebrará en Málaga.



Nos cines ribadenses puideron verse moitas das películas de Pepa Flores, como por exemplo o seu primeiro traballo: Un rayo de luz, proxectada no Colón en 1962:

12.08.1962 (La Comarca del Eo)
19.08.1962 (La Comarca del Eo)
26.08.1962 (La Comarca del Eo)
24.10.1965 (La Comarca del Eo)

Na pantalla do Colón tamén se puido ver Ha llegado un ángel, segundo filme de Marisol e no que interpreta unha das súas cancións máis populares: Estando contigo.

17.02.1963 (La Comarca del Eo)
14.11.1965 (La Comarca del Eo)


En 1962, estreouse Tómbola, que ao igual que as anteriores está dirixida por Luis Lucía Mingarro e proxectouse en xaneiro de 1963 no Cine Teatro:


26.01.1963 (Las Riberas del Eo)
27.01.1963 (La Comarca del Eo)


No comezo da súa etapa adolescente, a actriz protagonizou Marisol rumbo a Río, onde interpreta ás xemelgas Marisol e Mariluz, que levan anos separadas e tratan de reencontrarse.

28.03.1965 (La Comarca del Eo)


La nueva Cenicienta, dirixida por George Sherman e rodada en inglés e español, estreouse no Cine Teatro en 1965:

29.08.1965 (La Comarca del Eo)

En La historia de Bienvenido a famosa Marisol vai a un hospital a entreter aos nenos, contándolles a historia dun burriño chamado Bienvenido. 
Chama a atención que non haxa constancia da proxección desta película en ningún dos cines ribadenses, dada a gran popularidade coa que contaba a actriz.



Búsqueme a esa chica, estreada en 1964, está protagonizada por Marisol e o Dúo Dinámico e puido verse no cine Colón:

31.12.1967 (La Comarca del Eo)

A octava película de Marisol é Cabriola, dirixida polo estadounidense Mel Ferrer:

02.06.1968 (La Comarca del Eo)

En 1968 proxectouse no Colón o filme Las cuatro bodas de Marisol, destacado porque nel escóitase por primeira vez á intérprete falando e cantando con voz de adulta.

22.09.1968 (La Comarca del Eo)


Solos los dos, onde Marisol comparte protagonismo co toureiro Palomo Linares, non foi proxectada en Ribadeo.



Durante os anos 70, Pepa Flores seguiu protagonizando numerosas películas e algunhas delas, como La corrupción de Chris Miller, La chica del Molino Rojo e El poder del deseo, foron proxectadas no Teatro, o único cine da nosa vila nesa década:

27.04.1974 (La Comarca del Eo)
11.05.1975 (La Comarca del Eo)

28.10.1979 (La Comarca del Eo)

Caso cerrrado, dirixida por Juan Caño e estreada en 1985, foi o último filme da actriz, antes da súa retirada definitiva do cine e da vida pública.