jueves, 27 de diciembre de 2012

Ribadeo en DEL MIÑO AL BIDASOA


Del Miño al Bidasoa é unha miniserie estreada por TVE en 1990 e baseada na obra homónima de Camilo José Cela, publicada en 1952.
Protagonizada por Nicolás Dueñas José Antonio Labordeta, mostra a viaxe dun vagabundo que sae de Santiago de Compostela e percorre o norte de España.


A serie está dividida en catro capítulos: Trancos galicianos, Caminando caminos de Asturias, La verde y civilizada tierra de Cantabria e Hacia levante, el País Vasco.
Ao final do primeiro capítulo, Trancos galicianos, o protagonista visita Ribadeo, antes de abandonar Galicia e continuar a súa viaxe por Asturias.



Porcillán

En Ribadeo, o vagabundo pasea por diante da Igrexa, polo parque, entra no Café Español, vai ata o porto de Porcillán e percorre varias rúas da zona vella.

Café Español

Ademais, fai mención, entre outras cousas, ao xornal Las Riberas del Eo e ao ribadense Dionisio Gamallo Fierros, co que incluso fala por teléfono.

Na serie tamén participan algúns veciños da vila que teñen pequenos papeis secundarios.

Veciños de Ribadeo

A miniserie pódese ver completa na páxina web de RTVE e aquí déixovos o capítulo no que aparece Ribadeo, a partir do minuto 48.40, aproximadamente:


Recoméndovos que lle botedes unha ollada!