miércoles, 19 de diciembre de 2012

Cine no Nadal

En Ribadeo, é habitual que no Nadal se realicen numerosas actividades pensadas para os máis pequenos e algo que case nunca falta é o cine.
 
Por exemplo, a programación de actividades de Nadal do ano 2000, incluíu a proxección de varias películas dirixidas ao público infantil e xuvenil.
Todas as tardes do 25 ao 29 de decembro, os interesados tiveron a oportunidade de ver El señor de los anillos, Jóvenes aventureros, Escalibur, La guerra de los botones e Unos peques geniales.

18/12/2000 (La Voz de Galicia)



En decembro de 2011, ACISA (a asociación de comerciantes e empresarios de Ribadeo) organizou unha serie de actividades para nenos, entre as que se atopaban talleres de manualidades e cómic, deportes e por suposto, cine.
Nesta ocasión, a película escollida foi Cuento de Navidad (2009), dirixida por Robert Zemeckis e baseada na obra de Dickens.
A proxección tivo lugar no cine Teatro e a entrada foi gratuíta.

28/12/2011 (Crónica3.com A Mariña)