“BETTE
DAVIS”
Do
14 ao 21 de xaneiro, proxectáronse en Ribadeo dez filmes protagonizados pola
actriz Bette Davis.
O
ciclo estivo organizado pola Obra Social de Caixa Galicia xunto co Concello de
Ribadeo.
“AQUEL
RANCIO CINE ESPAÑOL”
Este
ciclo dedicado ao cine español dos anos 30, 40 e 50, tamén estivo organizado
pola Obra Social Caixa Galicia e polo Concello de Ribadeo.
Nel
incluíronse películas dos directores Florián Rey, Carlos Arévalo, Manuel Mur e
Juan de Orduña, como por exemplo: Morena Clara (Florián Rey, 1936), Nobleza
Baturra (Florián Rey, 1935) e Cañas y barro (Juan de Orduña, 1954).
“PELÍCULAS
RODADAS EN LUGO”
No
mes de maio e con motivo da celebración das Letras Galegas, proxectáronse unha
serie de películas rodadas na provincia de Lugo.
As
obras escollidas foron: A los que aman (Isabel Coixet, 1998), Besos en la
oscuridad (Hervé Hachuel, 1992), El bosque del lobo (Pedro Olea, 1970), El rey
del río (Manuel Gutiérrez Aragón, 1995) e La vieja música (Mario Camus, 1985).
As
proxección tiveron lugar no auditorio e a entrada foi gratuíta.