Durante
algúns anos, o Concello de Ribadeo organizou o Cinema & Rock 2x1, que
consistía na proxección de filmes relacionados co rock. Ademais, os
espectadores que fixesen unha crítica dalgunha das películas proxectadas,
optaban a un premio: un bono para dúas persoas para asistir gratis aos
Multicines Cinelandia durante un ano.
21/12/2004 (La Voz de Galicia) |
O 21 e
22 de decembro de 2004, no auditorio municipal, celebrouse a I edición de
Cinema & Rock 2x1.
As catro
películas proxectadas foron Alta fidelidade, 24 hours pary people, Cero en
conducta e La suciedad y la furia.
Roberto
Martínez Rodríguez foi o gañador do primeiro premio do concurso de crítica
cinematográfica.
O
segundo premio, que consistiu nun lote de 5 DVDs, foi para Alberto Rodríguez
García, pola súa crítica de Cero en conducta.
03/02/2005 (La Voz de Galicia) |
Na II
edición de Cinema & Rock 2x1, celebrada en 2005, os premiados foron Juan
Solloso e Roberto Martínez. Nesta ocasión, os dous recibiron bonos para asistir
ao cine gratis durante un ano.
06/02/2006 (La Voz de Galicia) |