En
1952, en Ribadeo puideron verse dúas das películas máis coñecidas de Víctor
Fleming: Dos en el cielo e Juana de Arco, que xa fora estreada na vila uns anos
antes.
VICTOR
FLEMING (1889 – 1949)
Victor Fleming foi un cineasta
norteamericano, director dalgunhas das películas máis destacadas da historia da
sétima arte.
O seu primeiro contacto co mundo do cine
foi como dobre, conducindo coches en escenas de acción.
Posteriormente comezou a traballar como
cámara nalgúns filmes de Douglas Fairbanks e en Intolerancia (1916), de Griffith.
Tamén foi cámara persoal do presidente
estadounidense Wilson durante a Conferenia de Paz de París de 1919.
O seu debut como director foi con When the
clouds roll by (1919), pero o éxito chegoulle con The Virginian (1929), que
converteu a Gary Cooper nunha estrela de Hollywood.
Entre a súa filmografía tamén se atopan
grandes títulos como Capitanes intrépidos (1937) e El mago de Oz (1939).
Ademais, Fleming foi o encargado de rematar
Lo que el viento se llevó (1939), sendo o único dos directores que traballaron
nela (Sam Wood e George Cukor tamén rodaron algunhas partes) que aparece nos
créditos. Por esta película recibiu o Oscar á mellor dirección en 1939.
Todas as súas obras seguintes foron grandes
éxitos de taquilla, entre as que destaca Dos en el cielo (1943), protagonizada
por Spencer Tracy. A única que non obtivo os resultados esperados foi Juana de
Arco (1948), que ademais foi o último filme que Fleming dirixiu antes de
morrer.
Víctor Fleming co Oscar á mellor dirección por Lo que el viento se llevó |