ELIA KAZAN (1909 – 2003)
Elia Kazan foi un director de cine de
orixe grego, aínda que cando era un
neno trasladouse coa súa familia a Estados Unidos.
Estudou arte dramático e comezou a súa carreira como actor e director teatral.
En 1945, o seu talento levouno a
debutar como director en Hollywood coa película Lazos humanos.
En 1947, Kazan,
xunto con Cheryl Crawford e Robert Lewis, fundou o Actor’s Studio, onde se
formaron actores como Marlon Brando, Paul Newman, James Dean, Robert De Niro ou
Al Pacino, entre outros.
Entre a súa
extensa filmografía atópanse filmes como Pánico en las calles (1950), Un
tranvía llamado deseo (1951), ¡Viva Zapata! (1952), Al este del Edén (1955) e
Esplendor en la hierba (1961).
Obtivo dous
premios Oscar ao mellor director polas películas La barrera invisible (1947) e
La ley del silencio (1954). Ademais, en 1999 recibiu un Oscar honorífico pola
súa traxectoria.
A partir dos 60, centrouse
na literatura e levou ao cine algunhas das súas obras, como por exemplo América, América (1963), filme basado
nunha novela autobiográfica.
Elia Kazan foi unha figura polémica en Hollywood polo seu papel durante a
Caza de Bruxas, xa que testificou en contra dalgúns compañeiros de profesión
ante o Comité de Actividades Antinorteamericanas.
Por este motivo, cando en 1999 recolleu o Oscar honorífico, foron varias as
persoas que optaron por non aplaudirlle nin poñerse en pé:
Elia Kazan |