Con motivo do
ano Xacobeo 2004, TVE gravou catro videoclips en distintos puntos da xeografía
galega. En cada vídeo aparecía representado un elemento da natureza: a auga no
de Avalon, o aire no de Susana Seivane, a terra no de Los limones e o lume no
de Luar na lubre.
A praia das
Catedrais, en Ribadeo, foi o escenario escollido para a gravación do videoclip
do grupo Avalon.