Tendo
en conta a data da publicación do anuncio, o máis probable é que a película
pasase pola pantalla do Colón ou do Teatro no mes de maio...
22/04/1950 (Las Riberas del Eo) |
29/04/1950 (Las Riberas del Eo) |
Hamlet
(1948) Laurence Olivier
Despois
de asasinar ao seu irmán, o rei de Dinamarca, Claudio casa coa raíña e ocupa o
trono danés.
Cando
ao príncipe Hamlet se lle aparece a pantasma do seu pai reclamando vinganza
pola súa morte, decide contratar a unha compañía de actores ambulantes para que
representen na corte unha obra na que se mostra o asasinato dun rei a mans do
seu irmán. Deste xeito, Hamlet espera ver como a reacción do seu tío confirma a
súa culpabilidade...
Hamlet
gañou catro premios Oscar en 1949, entre eles, o de mellor película e mellor
actor, que foi para Laurence Olivier, protagonista e director do filme.