sábado, 23 de marzo de 2013

Entradas ao 50% en Cinelandia

O sábado 9 de marzo de 2013, grazas á colaboración entre El Progreso e Multicines Cinelandia, os veciños da Mariña puideron acudir ao cine pagando soamente o 50% da entrada.
05/03/2013 (A Mariña, El Progreso)

Para adquirir a entrada a 3€, en lugar dos 6€ que custa habitualmente, só había que recortar o cupón de desconto publicado nas páxinas de A Mariña (do xornal El Progreso) e presentalas na taquilla do cine.

07/03/2013 (A Mariña, El Progreso)

As películas proxectadas, ás 18h, 20.30h e 23h, foron Oz: un mundo de fantasía e Hansel e Gretel: cazadores de brujas.

09/03/2013 (A Mariña, El Progreso)

Julián Vega, responsable do cine (Foto: El Progreso)

Oz: un mundo de fantasía (2013) Sam Raimi

Oscar Diggs, un mago de circo de dubidosa reputación, ten que abandonar Kansas e trasladarse ao País de Oz. Está convencido de que a partir de agora terá fama e fortuna.
Pero cando as bruxas Theodora, Evanora e Glinda comezan a poñer en dúbida a súa categoría como mago, chegarán os problemas para Diggs. Se quere triunfar, terá que aprender a distinguir aos bos dos malos...



Hansel y Gretel: cazadores de brujas (2013) Tommy Wirkola

Pasaron quince anos desde que Hansel e Gretel viviron a aventura que os fixo famosos. Tras probar o sabor do sangue sendo tan só uns nenos, os dous se volveron uns auténticos xusticieiros, dispostos a todo para vingarse.
Pero agora, sen que eles o saiban, tamén se converteron na presa e terán que enfrontarse a algo máis sinistro que as bruxas: o seu pasado...