O 15 de marzo de 2012, durante o acto de presentación do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, proxectouse o documental As silenciadas, dirixido por Pablo Ces.
As silenciadas é un documental sobre a loita de moitas mulleres galegas contra a violencia e a represión durante a ditadura franquista. Son seis historias da vida de mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron o movemento guerrilleiro e que por defendelo foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio...