Os días 14, 15 e 16 de maio de 2013, o Amodiño Tenda Bar acolleu un docuforum con motivo da semana galega do comercio xusto.
Martes 14: Soberanía alimentaria e comercio xusto
NON COMAS O SUR
Este documental mostra a situación actual do comercio e distribución de alimentos e das consecuencias de introducir un dereito humano básico, como é a alimentación, na lóxica do mercado.
Podedes ver o documental pinchando aquí.
15/05/2013 (La Voz de Galicia) |
Mércores 15: O dereito á auga
POR UN GROLO DE AUGA
O documental ofrece unha visión da grave situación do acceso á auga, a través de historias como a de Leno, un boliviano que vive ao lado dunha depuradora pero que se ve na obriga de camiñar longas distancias para conseguir auga.
Podedes ver o documental completo pinchando aquí.
A AVOA GRILO
Esta curta de animación, basada nun conto tradicional dos Ayoreos (pobo indíxena da fronteira entre Paraguai e Bolivia), amosa o problema da privatización da auga en Bolivia.
Xoves 16: Roupa limpa
ELAS PEGAN, AS DESCALZAS, AS SOLAS DAS NOSAS BOTAS
Esta curta foi a gañadora da campaña Roupa limpa - SETEM Aragón: