Enrique Rodríguez Baixeras, nacido en Ribadeo en 1953, iniciouse no Clube de Cine Amateur da Coruña con Díaz-Noriega, pai do cinema amateur en Galicia, Xavier Iglesias e Miguel Gato, entre outros.
Alí filmaron en Súper 8 pezas como Antón (1971), A costa de Lugo (1971) e O encontro (1971).
En 1972, Baixeras, xunto con Xavier Iglesias e Miguel Gato, crea o colectivo cinematográfico ENROBA (acrónimo de Enrique Rodríguez Baixeras).
O grupo realiza algunhas das primeiras películas en Súper 8 do cinema galego, entre as que se atopan Foi grass (1972) e A morte do Mariscal (1973), centrada na figura de Pardo de Cela.
En 1974, Baixeras dirixe, esta vez en 16 mm, O documento, que foi gravada en Ribadeo. A curta é a primeira peza dunha triloxía baseada en relatos da obra Á lus do candil (1953), de Ánxel Fole. O cadaleito (1976) é a segunda parte desta triloxía que nunca se chegou a completar.
Rodaxe de O cadaleito (Foto: El País) |
Como curiosidade, hai que dicir que o director de cine Fernando Trueba foi director de dirección en O cadaleito, como se pode ver nos créditos:
Créditos de O cadaleito |
Na actualidade, Baixeras vive en Foz, afastado do mundo do cine.
Enrique Rodríguez Baixeras (Foto: El Progreso) |
Podedes ver O documento, unha das poucas obras audiovisuais de Baixeras que aínda se conservan, pinchando neste enlace: http://vimeo.com/27821268