A actriz barreirense Estíbaliz Veiga foi a encargada de dar o pregón das festas patronais de Ribadeo deste ano 2013.
|
14/08/2013 (El Progreso) |
|
15/08/2013 (La Voz de Galicia) |
|
29/08/2013 (Crónica3.com A Mariña) |
O acto tivo lugar no Teatro e contou coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
|
Foto: Facebook Estíbaliz Veiga |
Estíbaliz Veiga é coñecida pola súa participación en series de televisión como Matalobos, Escoba!, Pepe o Inglés, Piratas ou Homicidios, e en películas como Os mortos van á présa (Ángel de la Cruz, 2008), Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012) e León y Olvido (Xavier Bermúdez, 2004), entre outras.
Ademais, a actriz traballou en numerosas curtas e obras de teatro.
Proximamente poderemos vela en Chapa e pintura, unha serie que aínda se está gravando e que se emitirá na Televisión de Galicia.
|
Fotograma da serie Escoba! |
|
Fotograma da película Todo é silencio |