miércoles, 11 de septiembre de 2013

Ribadeo e o cine: CAMPING MOVIE

O pasado sábado 7 de setembro ás 16h estreouse en Cinelandia o filme Camping Movie, dirixida por J.K. Álvarez, realizador de curtas como Los fantasmas de Villavieja e da longametraxe El cuento de Duna.

06/09/2013 (El Progreso) 
07/09/2013 (La Voz de Galicia)
07/09/2013 (La Nueva España)

A película foi rodada no cámping A Nosa Casa de Barreiros e está protagonizada por Nicolás Castellanos, ademais de polos propios clientes do cámping.

Fotogramas de Camping Movie

Camping Movie (2013) J. K. Álvarez

Conan é feliz xunto co amor da súa vida, pero un día, sen previo aviso, un grupo de encapuchados secuestran á súa media laranxa, obrigando ao mozo a iniciar unha búsqueda desesperada para rescatala.
As pistas lévano ata un misterioso cámping cunha escura maldición, no que coñece a Sunshine, un gardabosques mudo do que pronto se fai amigo.
Xuntos comezan unha aventura que os leva a percorrer os rincóns máis ocultos do misterioso cámping, a coñecer os seus segredos do pasado e a descubrir quen son realmente os seus habitantes.




Para ver o tráiler de Camping Movie só tedes que pinchar aquí
E se queredes ter a película en DVD, podedes mercala na recepción do propio cámping.