domingo, 27 de noviembre de 2016

Ribadeo e a creación dunha film commission

O pasado 18 de novembro, publicouse en La Voz de Galicia un artigo no que se menciona a posibilidade de retomar a idea de crear unha film commission en Ribadeo. 

18/11/2016 (La Voz de Galicia)

Cada vez son máis frecuentes as rodaxes para cine e televisión que se levan a cabo na nosa vila, polo que a creación dunha film commission, ente destinado a facilitar aos produtores toda a información e permisos necesarios para levar a cabo as gravacións, sería moi beneficiosa tanto para as produtoras audiovisuais como para o propio concello de Ribadeo.

Momento da rodaxe de "The legend of the blue sea" nas Catedrais
(Foto: El Progreso)

Ademais, a concelleira de turismo, Ana Martínez, asegurou que esta especie de film commission encaixaría ben co programa Ribadeo Eventos, que facilita a organización de todo tipo de actividades no concello.

Aínda que ata hai uns anos existía unha Galicia Film Commission, na actualidade só algunhas cidades como Santiago e Vigo contan con film commissions. 
Na provincia de Lugo, existe unha film commission, creada pola Fundación TIC e o Consorcio Audiovisual Galego e xa en 2005 se falaba de posibilidade de abrir unha segunda oficina de promoción de rodaxes en Ribadeo, como se pode ler no seguinte artigo:


10/09/2005 (La Voz de Galicia)
Pinchar na imaxe para vela en grande