Este pasado venres 11 de novembro proxectáronse no Cine Teatro a curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", dirixidos por Rubén Riós.
No acto estiveron presentes Rubén Riós (director das obras), Estíbaliz Veiga (guionista), Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro (os protagonistas).
Momento da presentación no Cine Teatro (Foto: Instagram @estibalizveiga) |
"Vida" é unha curtametraxe protagonizada por persoas con discapacidade intelectual e mestura a arte, o entretemento e a comunicación cunha clara mensaxe social a prol da fortaleza e a superación deste colectivo.
"Máis ca vida" é un documental xurdido a raíz da rodaxe da curta e inclúe testemuños reais do día a día das persoas con capacidades distintas. Ademais, as imaxes dos ensaios plasman os medos e alegrías aos que tiveron que enfrontarse estes mozos e mozas durante o desenvolvemento do proxecto.
09/11/2016 (Crónica3.com A Mariña) |
09/11/2016 (La Voz de Galicia) |
O reparto de "Vida" está formado por persoas con discapacidade, xunto con coñecidos intérpretes como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga e Luis Iglesia, entre outros.
04/11/2016 (Concello de Ribadeo) |
09/11/2016 (Concello de Ribadeo) |
Axenda cultural: outubro, novembro e decembro 2016 |
Para máis información sobre este proxecto, podes visitar a súa páxina web: www.maiscavida.com.