domingo, 20 de noviembre de 2016

Ribadeo no capítulo 1 de The legend of the blue sea

O pasado mes de setembro rodouse na praia das Catedrais a serie coreana The legend of the blue sea, protagonizada por Lee Min Ho e Ju Ji Hyun e o mércores 16 de novembro estreouse o primeiro capítulo.



A historia comeza no século XVI, cando unha serea aparece nunha praia e permanece atrapada por un timador que pretende vendela, ata que o fillo dun nobre a libera no mar.
Xa en 2016, un temporal leva á serea á costa catalá e, tras descubrir que ao saír da auga ten pernas, chega á habitación de hotel de Heo Joon Jae, un estafador profesional que ten unha extraña capacidade para hipnotizar á xente.
A serea é acusada de ladroa e levada aos calabozos dos mossos d'esquadra, ata que Joon Jae vai buscala para roubarlle un valioso brazalete que sempre leva posto e rematan pasando o día xuntos.

Neste primeiro episodio, que transcorre principalmente en Cataluña e na cidade da Coruña, a praia das Catedrais tan só está presente na intro co título que serve de cabeceira da serie e que se repite ao longo de todos os capítulos:

Imaxe da intro co título da serie na praia das Catedrais