O pasado xoves 17 de novembro emitiuse nalgúns países asiáticos o segundo capítulo da serie coreana The legend of the blue sea, no que se inclúen algunhas das secuencias rodadas na praia das Catedrais.
Fotogramas do capítulo 2 da serie |
Este episodio, ao igual que todos os demais, comenza cunha intro co título da serie a modo de cabeceira e que mostra unha imaxe das Catedrais.
Intro co título da serie nas Catedrais |
Nesta segunda entrega, unha muller que fora estafada por Joon Jae contrata a uns mafiosos para que atrapen ao mozo. Ao enterarse de que andan na súa búsqueda, a serea e o estafador, protagonistas da historia, tratan de fuxir, dirixíndose cara á "fin do mundo".
Persecución entre o millo, rodada en Ribadeo |
Persecución nas Catedrais |
A acción transcorre nalgunhas vilas catalás, na cidade da Coruña (concretamente na zona da Torre de Hércules) e na praia das Catedrais, onde se gravou unha das secuencias nas que os mafiosos perseguen a Joon Jae e a serea.
Neste vídeo pódese ver un pouco da secuencia rodada en Ribadeo.