sábado, 26 de noviembre de 2016

Ribadeo en "Ribeiras de Salitre"

O pasado domingo emitiuse na Televisión de Galicia o programa "Ribeiras de Salitre", que percorre aos portos galegos e que nesta ocasión estivo dedicado a Ribadeo.



Rivadulla Corcón, presentador e director do programa, estivo en Rinlo entrevistando a Celia Pacio, que falou do traballo das percebeiras, e a José Ramón Fra, mariñeiro retirado que recordou o seu paso polo mar. En Rinlo tamén visitou a Consuelo Joglar, que cociñou polbo con ameixas.
Moncho Rodríguez, pescadeiro da Praza de Abastos, Manuel Vázquez, coñecido como o Farero, e Ramón Acuña, presidente do Club Naútico de Ribadeo, foron outros dos protagonistas deste espazo.



Na lonxa, a Coral Polifónica de Ribadeo interpretou algunhas fermosas cancións mariñeiras e unha delas, acompañada de fotos antigas da nosa vila, serviu de peche ao programa.





Se queres ver o programa completo, fai clic aquí.