sábado, 19 de octubre de 2019

Óscar á mellor película nos cines de Ribadeo (1950 - 1959)

Como xa comprobamos anteriormente neste blog, foron moitas as obras premiadas co Óscar na categoría de mellor película que estiveron nas carteleiras dos cines ribadenses.

A primeira cerimonia dos Óscar celebrouse en 1929 e desde entón, os premiados son agasallados cunha figura de metal de Britania, chapada en ouro sobre unha base metálica negra que representa a un home espido, de estilo Art Déco e que sostén unha espada sobre un rollo de película. Houbo que esperar ata 1939 para que a Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de Estados Unidos se referise oficialmente a dito trofeo como "Óscar".



No ano 1950, a gañadora desta famosa estatuíña na categoría de mellor película foi El político, que narra o ascenso dun honrado político que nos seus comezos trata de loitar contra a corrupción.


Eva al desnudo, protagonizada por Bette Davis, tivo 14 nominacións aos Óscar en 1951 e gañou 6 deles, incluindo o de mellor película. Este feito aparece recollido no seguinte anuncio da súa proxección no Colón en 1954, onde se indica que é “a película que máis Óscars obtivo”.

21.12.1952 

18.07.1954

En 1952, o Óscar a mellor película foi para Un americano en París, dirixida por Vincente Minnelli e protagonizada por Gene Kelly. En Ribadeo, o cine Teatro proxectouna anunciándoa como o musical gañador de 8 Óscars.

05.04.1953
05.04.1953
12.04.1953
08.08.1954

El mayor espectáculo del mundo, de Cecil B. DeMille, foi a gañadora do Óscar a mellor película en 1953.

05.06.1955
05.06.1955
05.06.1955
05.06.1955
05.06.1955
12.06.1955
06.01.1957
23.11.1958
03.05.1964

En 1955 no Colón proxectouse De aquí a la eternidad, cun reparto cheo de grandes intérpretes de Hollywood como Burt Lancaster, Montgomery Clift, Deborah Kerr e Frank Sinatra, entre outros. Esta película foi a que recibiu a máxima distinción da Academia en 1954.

09.01.1955
15.05.1955
22.05.1955

Os Óscar tamén foron un reclamo importante á hora de anunciar a proxección de La ley del silencio nos cines ribadenses, xa que obtivo 8 premios dos 12 aos que optaba, entre eles o de mellor película no ano 1955.

01.05.1955
15.05.1955
30.08.1959

En 1956, o Óscar á mellor película foi para Marty, tamén premiada coa Palma de Ouro no festival de Cannes.

14.07.1957

La vuelta al mundo en 80 días, protagonizada por David Niven e Cantinflas, narra as aventuras de Phileas Fogg na súa travesía por distintos países ao redor do mundo. A película, gañadora do Óscar en 1957, non chegou a Ribadeo ata o 61.

05.02.1961
12.02.1961

No ano 1958, El puente sobre el río Kwai gañou 7 Óscar, entre eles o de mellor película. O filme, ambientado durante a II Guerra Mundial, narra a historia dun grupo de prisioneiros británicos que son obrigados polos xaponeses a construir unha ponte.

22.03.1959
29.03.1959
05.04.1959
08.09.1963

Gigi, de Vicenti Minnelli, levou o Óscar a mellor película en 1959 e proxectouse no cine Teatro un ano despois.

15.05.1960


Na década dos 60, polas salas ribadenses seguiron pasando clásicos premiados co Óscar á mellor película como Ben-Hur, El apartamento, West Side Story e Sonrisas y lágrimas, como veremos proximamente neste blog.