Unha vez máis, Cines Ribadeo participa na Festa do Cine, que se celebra os días 28, 29 e 30 de outubro.
Ao igual que nas edicións anteriores, o prezo da entrada é de 2'90€ e para poder beneficiarse deste desconto tan só hai que acreditarse previamente na web oficial da Festa do Cine.
As películas que se poden ver estes días nos Cines Ribadeo son Maléfica: maestra del mal e O que arde ás 20.30h e Joker e Mientras dure la guerra na sesión das 23h.
A Festa do Cine é unha iniciativa levada a cabo polo ICAA (Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais), a FECE (Federación de Cines de España) e FEDICINE (Federación de Distribuidores Cinematográficos) e ten como obxectivo achegar aos espectadores ás salas, rebaixando o prezo das entradas.