sábado, 12 de octubre de 2019

A cabina de proxección do cine Teatro

O cine Teatro pechou as súas portas en maio de 2003, pero na actualidade aínda acolle algunhas proxeccións de películas, representacións teatrais, conferencias, concertos, etc.

Entrada á cabina de proxección

Este é o estado da cabina de proxección na actualidade: das paredes aínda colgan recordos de cando o cine estaba en funcionamento, sobre a mesa quedan recortes de película e outros instrumentos de traballo, consérvase parte da maquinaria, etc.




Na seguinte fotografía, a pesar da súa mala calidade, pódese ver a última carteleira do cine antes de pechar, que incluía películas como Soldados de Salamina, Narc, La prueba, Las horas e Este cuerpo no es el mío.


E así se ve a cabina desde as butacas: