Harry Potter y la
piedra filosofal é un libro escrito pola británica J.K. Rowling e publicado en
xuño de 1997, converténdose no primeiro título da saga composta por 7 obras.
A saga narra as
aventuras de Harry Potter, un neno que ao cumprir 11 anos descobre que é mago,
polo que é enviado a Hogwarts, unha escola de maxia e feiticería na que se
poderá formar como tal.
No ano 2001,
Chris Columbus dirixiu a adaptación ao cine desta novela e Daniel Radcliffe,
Rupert Grint e Emma Watson foron os escollidos para interprentar a Harry, Ron e
Hermione, os protagonistas da historia.
Esta película de xénero
fantástico foi a única de Harry Potter que se proxectou no Cine Teatro, antes
do seu peche en 2003.
13.02.2002 (La Voz de Galicia) |
En Harry Potter y
la cámara secreta, segundo título da famosa serie de novelas, Harry espera
impaciente na casa dos seus tíos a que remate o verán e comece o próximo curso
en Hogwarts. A espera dura pouco porque o elfo Dobby preséntase na súa habitación para advertilo de que unha ameaza mortal
pesa sobre a escola, polo que Harry, en compañía de Ron, decide viaxar de
inmediato a Hogwarts.
A película, que
foi un gran éxito de taquilla, proxectouse en Cinelandia en xaneiro de 2003.
23.01.2003 (La Voz de Galicia) |
En xullo de 2004,
chegou a Ribadeo Harry Potter y el prisionero de Azkaban.
Nesta ocasión,
Harry, Ron e Hermione están no seu terceiro curso en Howgarts cando chega a
noticia de que Sirius Black, cómplice de Voldemort, escapou da prisión para
magos de Azkaban, polo que a vida de Harry pode estar en perigo.
23.07.2004 (La Voz de Galicia) |
Harry Potter y el
cáliz de fuego é a cuarta película baseada na coñecida serie de novelas de J.K.
Rowling e puidemos vela a comezos de 2006 en Cinelandia.
Esta película,
que comeza coa celebración da Copa Internacional de Quidditch, obtivo unha
nominación ao Óscar na categoría de mellor dirección artística.
03.01.2006 (La Voz de Galicia) |
En xullo de 2007
proxectouse en Cinelandia a quinta película da saga, Harry Potter y la Orden
del Fénix, dirixida por David Yates.
Desta vez, Harry terá que facer fronte a
unha grave campaña de desprestixio contra el e Dumbledore.
27.07.2007 (La Voz de Galicia) |
Harry Potter y el
misterio del príncipe mostra as aventuras de Harry no seu sexto curso en
Hogwarts e puido verse en Cinelandia no verán de 2009.
15.07.2009 (La Voz de Galicia) |
Nun estreito
sendeiro bañado pola lúa, dous homes apareceron da nada a escasos metros de
distancia. Permaneceron inmóbiles un instante, apuntándose mutuamente ao peito
coas súas respectivas variñas máxicas, ata recoñecerse. Logo gardáronas baixo
as capas e botaron a andar a bo paso na mesma dirección.
-
Boas
novas? –preguntou o de maior estatura.
-
Excelentes
–replicou Severus Snape.
Así é como comeza
a sétima e última novela da saga de J.K. Rowling, que deu lugar a dúas
películas: Harry Potter y las reliquias de la muerte. Parte I e Harry Potter y
las reliquias de la muerte. Parte II.
A primeira delas
chegou á carteleira ribadense o 19 de novembro de 2010, día da súa estrea.
Nesta película, Harry, acompañado de Ron e Hermione, emprende unha viaxe
perigosa por Inglaterra na procura dos obxectos que conteñen os anacos da alma
do Señor Tenebroso, para evitar que logre a súa lonxevidade.
19.11.2010 (La Voz de Galicia) |
En Harry Potter y
las reliquias de la muerte. Parte II, Harry, Hermione e Ron deben recuperar a
espada de Gryffindor para atopar e destruír aos derradeiros horrocruxes.
Mentres, Voldermort está a piques de apoderarse por completo de Hogwarts e de
acadar o seu obxectivo: matar a Harry.
A batalla final
entre Harry Potter e Voldemort puido verse en Cinelandia o 15 de xullo de 2011,
día da estrea mundial da película.
15.07.2011 (La Voz de Galicia) |
Harry, Ron,
Hermione, Dumbledore, McGonagall, Voldemort, Malfoy, Snape, Hagrid, Ginny,
Sirius Black, Lupin, Neville, Luna Lovegood, Dolores Umbridge, Cho Chang, a
familia Weasley,Myrtie a chorona, os Dursley e todo o resto de personaxes
creados por J.K. Rowling conseguiron atraer a millóns de persoas ás salas de
cine de todo o mundo e en Ribadeo tamén foron moitos os fans que encheron
Cinelandia para seguir as aventuras do mago máis famoso dos últimos tempos.
E ti, viches algunha destas películas no cine en Ribadeo?