Multicines Cinelandia foi inaugurado o 5 de decembro de 2002. O seu propietario é Jesús Pérez, socio de Gaper Cines, que xa rexentara anteriormente o Cine Teatro de Ribadeo e que tamén é dono dos Multicines A Mariña, en Viveiro.
O novo cine estreouse cunha sesión infantil gratuita, coa proxección da película Aventuras en Alaska, que tivo lugar ás 18.00 horas. Nesta mesma semana tamén estivo en carteleira o filme Mr. Deeds.
Cinelandia conta con dúas salas dotadas de son dixital, pantallas de 9 e 7 metros cadrados e capacidade para 287 e 213 espectadores.
Sala 2 (Foto: www.cinescinelandia.es) |
Desde a súa apertura, o día do espectador é o martes, mentres que o mércores permanece pechado por descanso, agás no verán e en ocasións especiais.
Nun principio, o prezo da entrada era de 3’5€ o día do espectador e de 5€ o resto da semana.
Posteriormente, ata a subida do IVE en 2012, a entrada custou 5'5€ e o día do espectador 4€.
Actualmente (2013), o prezo das entradas de Cinelandia é este:
- Venres, sábado, domingo e festivos = 6€
- Luns, mércores e xoves (Día anticrise) = 5€
- Martes (Día do espectador) = 4'50€
Actualmente (2013), o prezo das entradas de Cinelandia é este:
- Venres, sábado, domingo e festivos = 6€
- Luns, mércores e xoves (Día anticrise) = 5€
- Martes (Día do espectador) = 4'50€
Entrada da sala 2 co IVE ao 21% |
Podedes consultar a carteleira de Multicines Cinelandia na súa páxina web: http://www.cinescinelandia.es/
E tamén podedes seguilos en facebook:
E tamén podedes seguilos en facebook: