A principios de 1936, so hai un cine en Ribadeo: o Galaxia.
O único anuncio da carteleira atopado na prensa local de xaneiro de dito ano o é o seguinte:
|
Este anuncio chama a atención pola súa brevidade, xa que nin sequera inclúe as horas da proxección.
Carteleira do mes de xaneiro de 1936, elaborada a partir da información recollida en Las Riberas del Eo:
Pinchar na imaxe para vela en grande |
PELÍCULAS:
Alma de bailarina (1933) Robert Z. Leonard
O filme protagonizado por Joan Crawford e Clark Gable conta a historia de Janie, unha bailarina dun tugurio de Manhattan que vai ao cárcere tras ser atrapada nunha redada. Alí faise amiga de Patch, un home da alta sociedade que logra introducila nunha superprodución de Broadway, onde ela acabará por converterse nunha estrela.