Do 18 ao 21 de agosto de 2005 celebrouse en Ribadeo o I Festival Audiovisual ON&OFF, organizado por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.
O festival inaugurouse no Cantón coa presenza de Isabel Blanco e as 30 curtametraxes seleccionadas para formar parte da sección oficial foron as seguintes:
Carisma, El abismo, 7:35
de la mañana, Diez minutos, Invulnerable, El balancín de Iván, Profilaxis,
Rosas, Aloe, La ruta natural, Final, Un viaje, 24 instantes, Física II,
Pornografía, Lo que nunca seré, Brasil, Digital, Las superamigas contra el
profesor Vinilo, La buena caligrafía, El laberinto de Simone, Tadeo Jones,
Galiza, Nada que perder, El viaje, Minas, A teoría do espello, La valiente,
Notamotof e Minotauromaquia.
As proxeccións tiveron lugar en diversos puntos da vila: no cine Teatro, na fachada do cine Colón, en puntos do casco antigo, no auditorio municipal, etc.
O prezo de cada sesión era de 2€, mentres que o abono para os 4 días custaba 15€.
Os gañadores, elixidos a través dos votos do público, puideron recoller os seus galardóns na gala de clausura presentada por Isabel Blanco e Serxio Pazos.
Os premios para as tres mellores curtametraxes foron:
- Misto
de Ouro ao mellor traballo: dotado de 3000€ e patrocinado por Caixa Galicia Imaxinarte. Gañado por A boa caligrafía, de Ciudadano Frame.
- Misto
de Prata á mellor curta galega: dotado de 1000€ e patrocinado polo Consocio Audiovisual de
Galicia. Este premio foi para O abismo, de Matriuska Producións.
- Misto
de Pau: un trofeo, outorgado a Voando, realizado polo Taller de curtametraxes de Allariz.
As máis de 160 persoas inscritas no festival tiveron a opción de escoller dous tipos de bonos:
- Un de 25€ que incluía o acceso a todos os actos do festival, o aloxamento nun albergue ou nunha zona
de acampada, unha camiseta e un corto no bar oficial.
- Un bono de 15€ que, a diferenza do anterior, non incluía aloxamento.
O festival contou con seccións paralelas como Work in progress, onde o director Mario Iglesias presentou o seu filme De bares.
Carlos Iglesias, Isabel Blanco e Nieve de Medina mostraron un avance de 1 franco, 14 pesetas.
Ademais, nestes días celebráronse mesas redondas e coloquios con numerosos profesionais do sector. Actores, actrices, productores e directores como Serxio Pazos, Isabel Blanco, Nieve de Medina, Carlos Iglesias, Ángel de la Cruz, Jorge Coira, Juan Pablo Etcheverry, Manolo Gómez e Miguel de Lira, estiveron presentes para falar da súa experiencia no audiovisual.
Por outra banda, tampouco faltaron a música, o teatro e a literatura.
No Mistura Sound Festival, participaron Uno+Uno, Safari Orquestra, Dios que te crew, Furnier e Match Video DJ.
Chequeré, Vado Permanente, Cornelius e Mercedes Peón tamén actuaron no marco do Festival ON&OFF.
O teatro na rúa estivo presente da man de Mofa e Befa e a houbo un oco para a literatura coa presentación do libro Esta noite no cinema, do director Raúl Veiga.
A boa acollida do ON&OFF fixo posible que, un ano despois, Ribadeo acollese unha nova edición do festival, do que falaremos proximamente...