lunes, 11 de junio de 2012

2009: OFestivalON V

En 2009, o festival de curtas ON&OFF pasou a chamarse OFestivalON e estivo organizado un ano máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.

Programa do festival:

42 curtas de varios países foron seleccionadas para formar parte da sección oficial, dividida en 6 bloques que se proxectaron no Cantón e no cine Teatro:
   - Bloque 1: El encargado, No corras tanto, Pánico a una muerte ridícula, La Sortie, C'est la vie, The Road, Ferro ardendo
   - Bloque 2: The werepig, Niño balcón, Tan preto e tan lonxe, Mi chiamo Seby, La leyenda del ladrón del árbol de los colgados, Socarrat, In the name of God
   - Bloque 3: 0'8 miligramos, Continuará, Runners, Matando el sueño, On/Off, Túneles en el río, Encanto
   - Bloque 4: En(terrados), You are my hero, A fábrica, Broken Horizon, Pim, pam, pum, Soy Meera Malik, On the line
   - Bloque 5: Miente, Muto, La chica dentro de la caja, Vellas, El misterio del pez, Stikk, Funfair
   - Bloque 6: O raio transparente, Campás, Marruecos, un viaje de colores, Teherán 3 18, A miña casa é un inferno, Mei Ling, La carrera


Papeleta para as votacións
Exterior do cine Teatro


Por outra banda, do 27 ao 31 de xullo, graváronse as tres curtas de A toda mecha:
   - Placebo, de Andreia Táboas e Ana Belén Diz
   - Favores en cadea, Jose María Picón
   - Para mariñeiros nós, de Omar Rabuñal



Para ver as curtas de A toda mecha, pincha aquí:

A principal novidade deste ano foi a integración dos máis pequenos no festival, coa presenza da Caixiña de Mistos
Ademais de poder ver curtas infantís e votar as súas preferidas, os nenos participaron nun obradoiro de stop motion, onde gravaron as súas propias pezas.
A eles tamén estivo dirixida a actuación teatral do grupo Migallas.



Actuación de Lucía Martínez Cuarteto na gala de clausura


Na gala de clausura, que contou coa actuación do grupo de jazz Lucía Martínez Cuarteto, fíxose a entrega dos premios, que foron para:
   - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción para On the line, de Jon Garaño.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta de animación para El misterio del pez, de Giovanni Maccelli.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta documental para A fábrica, de Marcos Nine.
   - Misto de Pau de Loureiro, elixido polo público, para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández.

Nesta ocasión o xurado estivo composto por Antonio Mourelos, Santiago Jaureguízar e María Acuña Rodríguez.



Esta é a páxina web de OFestivalON 2009: http://www.ofestivalon.com/old/web2009/index.html

E en 2010 chegou a VI e última edición do festival de curtas de Ribadeo...