En 1938, os directores máis
repetidos no cine Teatro foron Erich Waschneck e Carl Lamac, de ascendencia
alemá e checa respectivamente.
Este feito é un reflexo da
afinidade que xa existía entre Alemaña e o bando franquista nos meses previos
ao comezo da II Guerra Mundial. Por este motivo, de aquí en diante o cine
alemán iría estando cada vez máis presente nas salas españolas.
ERICH WASCHNECK (1887 - 1970)
Foi un director, guionista,
productor e cámara alemán.
Os seus inicios no mundo do
cine foron como pintor de carteis de películas. Tamén traballou como director
de fotografía e como cámara nalgunhas rodaxes.
A partir de 1924 comezou a
súa carreira como director.
Na
súa filmografía destaca Los Rothchilds (1940), película que xunto con
El judío Süss (Veit Harlan, 1940) e El judío eterno (Fritz Hippler,
1940), forma a triloxía de cine propagandístico antisemita posto en marcha por
Hitler tras a toma de Polonia.
CARL LAMAC (1887 - 1952)
Foi un director, actor,
guionista e productor checo.
Dirixiu máis de 100 filmes
e traballou como actor en máis de 60.
Estivo casado coa actriz
Anny Odra, á que dirixiu en varias das súas películas e coa que fundou unha
produtora.
No cine Teatro tamén se
proxectaron películas de importantes directores como John Ford e Cecil
B. DeMille.
Entre o cine español,
destacan Sáenz de Heredia e Luis
Buñuel, directores de ¿Quién me quiere a mi?