viernes, 15 de junio de 2012

Ribadeo no cine: A ROSA DE PEDRA

A rosa de pedra, dirixida por Manuel Palacios e baseada nunha historia de Manuel Rivas, estreouse o 25 de xullo de 1999 en Canal+, nunha programación especial con motivo da celebración do Xacobeo 99.
A película está protagonizada por Marta Belaustegui, Laura Ponte e Paulina Gálvez.



SINOPSE: A rosa de pedra (Manuel Palacios, 1999)
Ana, unha executiva de moda; Paula, unha modelo; Mireia, unha fotógrafa e Carlos, un estilista; viaxan a Santiago de Compostela coa intención de realizar unha reportaxe de moda.
Cada unha delas, cun punto de vista particular sobre a vida, cambiará radicalmente a súa perspectiva ao coñecer á xente e as historias da cidade.
Bastián, un vendedor cego de vieiras e lendas; Abdel, vendedor de alfombras musulmán e o seu guía; xunto con Manuel, un camiñante namorado de Paula, influirán nos cambios que cada unha delas experimentará...

A praia das Catedrais en A rosa de pedra

RIBADEO EN A ROSA DE PEDRA
Ribadeo está presente cara ao final da historia, cando as protagonistas, tras estar no Cebreiro e Santiago, se desprazan ás Catedrais.
Nesta praia, realizan unha sesión fotográfica que pon fin á súa reportaxe de moda.
Porén, na narración da película, a acción ten lugar en Fisterra e en ningún momento se fai referencia ao concello de Ribadeo.

Fotogramas de A rosa de pedra

Nesta breve reportaxe de Canal+ pódese ver en varios momentos a praia das Catedrais e a sesión de fotos que ten lugar nela: 



(A calidade das imaxes non é nada boa, pero non é doado atopar fotos e vídeos desta película...)