Programa do festival:
39 curtametraxes formaron parte da sección oficial:
- Sesión 1: On the line, Volvoreta, O narcotráfico na punta do Neixón, Porque las babosas no toman sal, El tránsito, Quid Pro Quo
- Sesión 2: A nena que tiña unha soa orella, Marina, Retrato, Tomato story, Fábrica de muñecas, Con Sandra, I love Luci
- Sesión 3: Neggy coñece a Sammy, Flat love, La tierra de Oscar, Instalación, The true story of Marvin Walvis, Street Feeling, Kings of the castle
- Sesión 4: O soldadiño de chumbo, Yanindara, Steps, En un lugar del cine, O elixido, Burbuja
- Sesión 5: Pigueon Impossible, La historia de siempre, As almas do Fental, Oro verde, L'uomo perfetto, Ofelia, Viejos perdedores, Amona Putz!, The name-less, Lost, Por la mañana, Todo es maybe, Rodilla
Nesta edición de A toda mecha graváronse 11 curtas:
Speed love (Álvaro Liste), Pintando o silencio (Ana Diz e Andrea
Táboas), A porta (Andrés Goteira), Salvavidas (Benito Eiroá), Contemplando la
creación (David G. Rubianes), As moiras (Iago Prada), A morte (Juli Díaz), O
peregrino (Marcos García), Despierta (Pablo Portero), Fóra da habitación
(Gonzalo Enrique), O gran golpe (Suso López).
Os grupos tiveron 3 días para realizar as súas pezas, nas que se
tiña que incluir un elemento de atrezzo e unha localización indicados pola
organización.
Aquí pódense ver as curtas de A toda mecha 2010:
Entre as actividades paralelas destacou a proxección no cine
Teatro do filme Os Crebinsky, coa presenza de algún membros do equipo como Miguel de
Lira e Quique Otero.
Tamén se exhibiron Dous homes e un suicidio de Iria López, O
sobriño de Omar Rabuñal e Cero Vinte e Fuga de descerebrados, dos alumnos da
Escola de Imaxe e Son de Lugo.
As curtas convidadas deste ano foron as de Artabriños 2010,
resultantes da campaña de promoción turística de Ferrol, Eume, Ortegal,
Chámalle como queiras.
Ademais, presentáronse o libro A lei das ánimas, de Carlos
Reigosa, e o manual Cine y TV, de Jorge Carrasco.
Un ano máis, houbo Sesión Vermú con charlas – coloquio nas que
participaron Iria López e Omar Rabuñal, entre outros.
A caixiña dos mistos |
Tampouco faltaron a Caixiña dos Mistos, dirixida aos máis
pequenos, nin a danza, da man da compañía SOLODOSneodans.
Os concertos da Banda dos Crebinsky e de Lamatumbá puxeron o
broche final deste festival.
A banda dos Crebinsky |
Na gala de clausura, presentada por Isabel Risco e Xoan Mariño,
tivo lugar a entrega de premios, que foron para:
Na sección oficial:
- Misto do Pau votado polo público: Todo es maybe (Asier Urbieta)
- Misto de Pau ao mellor documental: El tránsito (León Siminiani)
- Misto de Pau á mellor curta de ficción: O elixido (Chema Gagino)
- Misto de Pau á mellor curta de animación: O soldadiño de chumbo
(Virginia Curiá e Tomás Conde)
O xurado da sección oficial estivo formado por Isabel Risco, Farruco Graña e José Antonio Corredoira.
En A toda mecha:
- Misto do Pau elixido do público: O peregrino (Marcos García)
- Misto de Pau á mellor curta: A porta (Andrés Goteira)
- Misto de Pau á mellor actriz: Estíbaliz Veiga
- Misto de Pau ao mellor actor: Suso López
- Misto de Pau á dirección de arte: A morte (Juli Díaz)
- Misto de Pau á mellor curta en lingua galega: A porta (Andrés Goteira)
- Misto de Pau ao mellor guionista: Benito Eiroá por Salvavidas
O xurado de A toda mecha estivo composto por Chelo Loureiro, Carlos Reigosa, Omar Rabuñal, Quique Otero, Xosé Pereira e Falcatruada.
Momento da entrega de premios |
Na páxina web oficial do festival pódense consultar máis datos desta edición:
E no flickr de OFestivalON pódense ver moitas fotos daqueles días de festival:
E esta edición de OFestivalON foi a última polo de agora, xa que
no verán de 2011 non se celebrou o festival...