miércoles, 20 de junio de 2012

1939: Directores

En 1939 a maioría das películas proxectadas en Ribadeo estaban dirixidas por norteamericanos, aínda que tamén houbo algunhas de cineastas europeos, como por exemplo, René Clair.

RENÉ CLAIR (1898 - 1981)

René Clair foi un xornalista e cineasta francés.
Os seus primeiros contactos co cine producíronse a través de Damia, unha coñecida cantante para a que escribiu algunhas cancións e que o introduciu no mundo da interpretación.
Clair pronto abandonou os traballos como actor para dedicarse ao que realmente lle interesaba: a dirección.
Debutou con París dormido (1923), pero o seu primeiro éxito chegou con Entreacto (1924). Esta curtametraxe está claramente vinculada ao surrealismo e ao dadaísmo e nela colaboraron artistas como Francis Picabia, Marcel Duchamp e Man Ray.
Entre a súa filmografía destacan outros títulos como Un sombrero de paja de Italia (1928) ou Bajo los techos de París (1930).



Aquí podedes ver a curta Entreacto: